Empresas
As empresas que utilizan máis dun idioma á hora de atender os seus clientes ou usuarios (galego, castelán, catalán, éuscaro, inglés, francés...) coa aplicación Itzulges poderán desenvolver todas as funcións relacionadas coa xestión lingüística de forma doada e con gran calidade:
- Realizar as solicitudes de tradución.
- Realizar as traducións. Nas linguas que teñen tradución automática (por exemplo español-catalán) está incorporada esta función para axilizar (non substituír) o proceso de tradución
- Consultar e recuperar as traducións realizadas
- Unificar a terminoloxía propia da entidade e difundila entre o persoal
- Ofrecerlle ao persoal a posibilidade de crear textos en diferentes idiomas coa súa correspondente corrección.
- Canalizar a capacitación lingüística do persoal
- Ofrecer cursos de redacción
- Etc.