Confidencialidade

Co fin de cumprir coa Lei de protección de datos e a estrita confidencialidade que requiren algúns documentos pódese incorporar a aplicación Itzulkodea a través da cal a persoa que quere solicitar a tradución pode codificar os datos que deben protexerse (nomes e apelidos, documentos de identidade, números...) e desta forma nin o tradutor/a nin ninguén poderá visualizalos.

Posteriormente, unha vez finalizada a tradución, a través de Itzulkodea o solicitante descodifica o documento e terao na súa totalidade.

Desta forma ao enviar as traducións a empresas externas, compartir as memorias ou que estas memorias estean en liña, non é ningún obstáculo para manter a perfecta seguridade dos datos.