Concellos
Moitos concellos, igual ca numerosas empresas, necesitan ofrecerlles os seus servizos á cidadanía en máis dunha lingua, e para iso deben xestionar adecuadamente a documentación multilingüe.
A través de Itzulges poden cubrir catro tipos de necesidades:
a) Xestión e realización das traducións. Este punto está explicado no apartado Empresas: envío de traducións, realización de recuperación de textos xa traducidos, ofrecer a memoria e o dicionario ao persoal, etc.
b) Reforzar el Plan Lingüístico. Itzulges está pensando para que o persoal cree documentos e faga traducións na lingua propia. Desta forma, a corrección dos textos e a realización das traducións pódense estender a todo o persoal, poñendo á súa disposición o dicionario e a memoria de tradución.
No caso de ter un plan de formación, Itzulges é unha ferramenta adecuada para facer o seguimento do nivel de redacción do persoal e para ofrecerlles asesoramento neste campo.
Grazas a iso o persoal que coñece a lingua propia poderá ofrecer un mellor servizo nesta lingua ao dispoñer de maior autonomía para iso.
c) Compartir o fondo documental entre os concellos. Como en máis dun concello compártense numerosos tipos de documentos, en lugar de crear cada un na lingua propia pódense compartir a través desta aplicación.
d) Ofrecer asistencia lingüística á cidadanía, autónomos/as, hostaleiros/as... Moitos concellos, dentro do traballo de promoción da lingua propia, ofrecen pequenas traducións. Grazas a Itzulges, dándolles aos usuarios/as a oportunidade de utilizar a aplicación, a cidadanía recibirá os textos habituais (pechado por vacacións, horario de verán, IVE incluído, prezo unitario, forma de pagamento...) xa traducidos, e as frases que non estean na memoria, unha vez traducidas, incorporaríanse para os posteriores usuarios/as.