Tradutores/as
Grazas a Itzulges poden xestionar mellor o seu traballo:
- Porque os tradutores/as da oficina como os externos/as poden utilizar as mesmas memorias
- Porque os tradutores/as externos/as non teñen por que gastar diñeiro en mercar aplicación para traducir
- Porque poden traballar consultando todas as memorias ao mesmo tempo
- Porque o proceso de corrección xestiónase de forma profesional e quedan rexistradas as correccións realizadas
- Porque se xestionan mellor as traducións cando hai un volume alto: organizándoas por clientes, tradutores/as, os traballos pendentes de traducir, de corrixir, etc.
- Porque poden utilizar unha terminoloxía máis unificada xa que se se desenvolve o dicionario, nas buscas daráselles prioridade a estas palabras
- Porque diminúen os gastos xa que o custo por tradutor/a é inferior a outras aplicacións que hai no mercado
Ademais, poderán ofrecerlle aos seus clientes un mellor servizo xa que ademais de realizarlles as traducións poderanlles ofrecer servizos complementarios:
- Servizo de corrección de textos
- Realización dun dicionario que recolla a terminoloxía da empresa
- A memoria de tradución e a posibilidade de consultar o dicionario que se irá actualizando permanentemente
Aínda que Itzulges ten numerosas vantaxes fronte a outros programas de tradución como Word Fast ou Trados tamén ten algunha desvantaxe: os textos con numerosas imaxes ou fotos ou formatos especiais tradúcense mellor nestas dúas aplicacións.
De todas formas, para poder resolver este tipo de traducións, Itzulges crea unha memoria de tradución compatible con Word Fast.
Ademais, pódense incorporar as memorias realizadas con Word Fast, Trados, ou as listas terminolóxicas directamente na memoria.